Esquina: 2,583 results found.
|
Escola de arte e superior de deseño Mestre Mateo
CULTURA DO DESEÑO.
A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo é un centro público de ensino superior de deseño. Deseño de Moda e Deseño de Produtos son as dúas especialidades que oferta. Sementar en tódolos ámbitos unha cultura do deseño é un dos seus obxectivos.
ARTE E PROFESIONALIZACIÓN.
As ensinanzas artísticas profesionais entroncan directamente co legado dunha Escola centenaria. Os Ciclos Superiores de Artes Aplicadas da Escultura, Fotografía Artística, Xoiaría Artística e Arquitectura Efémera, así como o módulo do Taller de Xoiaría completan a oferta formativa da Escola.
GALICIA, ARTE E DESEÑO.
Ofertar en exclusiva no ensino público galego dúas das catro especialidades dos estudos superiores de deseño –ao igual que sucede cos ciclos formativos de xoiaría e arquitectura efémera- confírenlle á E.A.S.D. Mestre Mateo unha dimensión maior, dando resposta a demandas productivas e sociais de toda Galicia.
Easd.es ~
Site Info
Whois
Trace Route
RBL Check
|
|
|
|