|
MONTES DO HÍO - COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DO HÍO
A historia da Comunidade dos montes veciñais da parroquia do Hío é semellante a de moitos outros montes mancomunados galegos. A política forestal da Ditadura de repoboacións masivas trouxo consigo a perda da propiedade dos montes por parte dos veciños e veciñas de todas as parroquias galegas despois de que varias leis, -1941, constitución do Patrimonio Forestal do Estado; 1946, Lei Hipotecaria; 1957, Lei de Montes-, fosen outorgando a propiedade dos montes á Administración Pública. Propiedade que en moitos casos, entre eles o da nosa parroquia, xa aparecía documentada no catastro do marqués de Ensenada de 1752. No caso concreto dos montes do Hío, o devandito catastro recoñece como montes do común os da Cortinacha, Porteliña, Serra de Barra, Costeira, Pelaios, Mixueiras de Sobrado, Outeiro Gordo e Areal de Barra.
Montesdohio.org ~
Site Info
Whois
Trace Route
RBL Check
|
|
|
|